O rexedor apunta que a cidade ten que ser “ambiciosa” no ámbito turístico

Por o 25/01/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O rexedor apunta que a cidade ten que ser “ambiciosa” no ámbito turístico
Compartir en:

Abel Caballero valorou a presenza de Vigo na Feira Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en Madrid onde presentou a oferta turística para este ano, logo de un mes de decembro con datos “extraordinarios” na cidade. Sinalou que houbo “niveis de ocupación impensables en hoteis, niveis de afluencia impensables e nivel de visitantes impensable” en Vigo e todo isto grazas “ao noso proxecto de luces e de Nadal” polo que, apuntou, “temos que ser capaces de incorporarnos masivamente ao ámbito turístico desde Vigo e ser ambiciosos nesta dimensión”. Avanzou o rexedor que o Concello prepara o Entroido xa coa idea de que “trema Río de Xaneiro, que imos alá”. 

Comentar noticia

Your email address will not be published.