O rexedor destaca o éxito do programa “Vigo en Inglés” con 1.000 estudantes becados este ano

Abel Caballero despediu este luns no aeroporto de Vigo a preto de dous centenares de estudantes vigueses que viaxaban ao Reino Unido para gozar da bolsa municipal de inmersión lingüística, un programa ao que o Concello dedica 2,2 millóns de euros.
Publicado por o día 23/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor destaca o éxito do programa “Vigo en Inglés” con 1.000 estudantes becados este ano

Abel Caballero despediu este luns no aeroporto de Vigo a preto de dous centenares de estudantes vigueses que viaxaban ao Reino Unido para gozar da bolsa municipal de inmersión lingüística, un programa ao que o Concello dedica 2,2 millóns de euros.

“É un programa de éxito”, apuntou o alcalde, que explicou que varios concellos están amosando o seu interese por coñecer o seu funcionamento. Este ano, son 1.000 mozas e mozos vigueses os que gozan dunha bolsa do programa municipal “Vigo en Inglés” para aprender o idioma durante tres semanas en 54 centros educativos do Reino Unido e de Irlanda.

Abel Caballero despediu hoxe no aeroporto aos últimos 199 estudantes de ESO desta convocatoria e puxo en valor os 2.221.000 euros que o seu goberno dedica a este programa grazas ao que viaxaron este ano todos aqueles alumnos que solicitaron a bolsa e cumprían os requisitos.