O rexedor eloxia a iniciativa da Escola de Empresariais de renomear un aula en homenaxe a Isaac Díaz Pardo

Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor eloxia a iniciativa da Escola de Empresariais de renomear un aula en homenaxe a Isaac Díaz Pardo

O alcalde participou esta mañá no acto de homenaxe ao artista e empresario Isaac Díaz Pardo organizado na Escola de Empresariais na que un aula leva desde hoxe o nome deste artista, intelectual e empresario. Durante a súa intervención, Caballero eloxiou unha iniciativa que recoñece a unha “forza creativa da natureza e un referente da Galicia da modernidade”.