O rexedor felicita ao Colexio Divino Salvador polos seus 50 anos de traxectoria

Publicado por o día 12/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor felicita ao Colexio Divino Salvador polos seus 50 anos de traxectoria

Abel Caballero visitou este mércores o Colexio Divino Salvador en Coruxo onde foi recibido polo alumnado dos tres ciclos educativos que lle relataron as actividades que desenvolve o centro e lle propuxeron algunhas cuestións do seu interese. Durante o acto, o alcalde en funcións fixo entrega ao fundador do centro, Basilio Toyos, da medalla e do diploma que os acredita como Vigués Distinguido 2019 polos 50 anos de actividade docente, un labor que puxo en valor e para a que os animou a seguir traballando.

Comentar noticia

Your email address will not be published.