O rexedor felicita aos gañadores do Petisquiño

Publicado por o día 18/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor felicita aos gañadores do Petisquiño

Abel Caballero participou este luns na entrega de premios do VI Concurso de Tapas Petisquiño no que participaron máis de cincuenta establecementos repartidos en seis áreas da cidade: Casco Vello, Casablanca, Centro, Náutico, Bouzas e Lavadores. O alcalde felicitou aos hostaleiros recoñecidos nesta edición durante o acto que se desenvolveu no Mercado do Progreso.