O rexedor felicita aos organizadores de Navalia 2020, “unha feira imprescindible en Europa”

Publicado por o día 20/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor felicita aos organizadores de Navalia 2020, “unha feira imprescindible en Europa”

Abel Caballero presidiu esta mañá o Comité Executivo de Navalia (Feira Internacional da Industria Naval), onde estivo acompañado, entre outros, polo máximo responsable do evento, José García Costas. Logo de felicitar aos organizadores dunha “feira imprescindible en Europa”, amosou a súa satisfacción porque este certame se achegue cada vez máis á cidade porque a edición de 2020 volverá ser “unha magnífica ocasión da economía, da tecnoloxía e do crecemento económico” para Vigo.