O rexedor valora a capacidade de Barreras para construír novos cruceiros de Ritz-Carlton

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor valora a capacidade de Barreras para construír novos cruceiros de Ritz-Carlton

Abel Caballero mantivo este luns un encontro “cordial e moi satisfactorio” co director executivo de Ritz-Carlton Yatch Collection, Douglas Prothero, firma que traballa co estaleiro Barreras para a construción do seu novo cruceiro de luxo. O alcalde transmitiulle o “apoio total” ao estaleiro pola “súa calidade” e valorou o apoio do Goberno de España, a capacidade pesqueira e tecnolóxica de Vigo así como a “estabilidade política” da cidade e atopou no CEO de Ritz-Carlton un “cooperador” difundindo as bondades viguesas.