Na presenza da directora da planta viguesa de GKN Driveline, Consuelo Domínguez, o alcalde puxo en valor a traxectoria profesional e técnica da empresa así como a súa experiencia de corenta e cinco anos no sector da automoción no que “queda moito camiño” por andar e para o que “temos que estar preparados con talento”.
Caballero participou na inauguración da nova subestación eléctrica de GKN que lles permitirá aforrar ata un millón de euros ao ano na facturación eléctrica e mellorar a fiabilidade do subministro. Ademais, tivo a oportunidade de percorrer as instalacións da factoría coñecendo de preto o traballo que desenvolven.
Noticias de última hora en Vigo