O Rexistro municipal reabrirá o 25 de maio con cita previa para todos os trámites

O Concello habilitará de novo o servizo do Rexistro municipal para todos os trámites a partir do próximo 25 de maio. Haberá que solicitar cita previa e será obrigatorio o uso de máscara, cumprindo coas indicacións das autoridades sanitarias.
Publicado por o día 20/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Rexistro municipal reabrirá o 25 de maio con cita previa para todos os trámites

O alcalde avanzou esta mañá que o próximo luns reabrirá o Rexitro do Concello na lonxa da Praza do Rei para todos os trámites administrativos municipais. Tal e como determina a autoridade sanitaria, a atención será con cita previa, que se poderá solicitar no teléfono 010 ou na páxina web vigo.org

Á entrada do Concello haberá axentes da Policía Local para guiar e acompañar a cada cidadá ata a oficina correspondente. Será obrigatorio o uso da máscara, segundo a normativa vixente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.