O sábado comeza “conduce con xeito”, o primeiro curso gratuito de conducción segura para veciños e veciñas do Porriño

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O sábado comeza “conduce con xeito”, o primeiro curso gratuito de conducción segura para veciños e veciñas do Porriño

Catro pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campións de España en 2017, impartirán as súas ensinanzas este vindeiro sábado día 5 ós veciños e veciñas de Porriño que participan no curso gratuito de conducción segura. O curso “Conduce con xeito” é organizado polo Concello, a través da Concellería de Seguridade, e se financia cos cartos recaudados coas multas de tráfico.
Nesta primeira quenda serán 30 persoas (15 homes e 15 mulleres) de idades comprendidas entre 18 e 40 anos, todas elas empadroadas no Porriño dende hai seis meses alomenos, os que reciban as clases teóricas e prácticas. Entre as 9 da mañán e as 13,30 horas. A parte teórica impartiráse no Multiusos de Torneiros e a práctica en vehículo nun circuito habilitado no PPI-6 do Polígono Industrial de A Granxa.

Os devanditos Ivan Ares e José Pintor partiticparán como monitores xunto ós pilotos locais David Gónzalez, de Porriño e o mosense Miguel Rodríguez. Ademaís acolaborarán varios axentes da Policía Local do Porriño que coordina a intendencia e loxística deste curso.

Ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro, sempre en sábados, continuará o curso “Conduce con xeito”. En cada quenda haberá 30 persoas. Na prevista para o 19 de outubro, será un grupo de maiores de 40 anos, tamén paritario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.