O sábado preséntase o proxecto de desentullo da zona cero do barrio da Torre

Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Galicia,Tui

O sábado preséntase o proxecto de desentullo da zona cero do barrio da Torre

Este sábado, 8 de setembro, ás 11.30h no salón de sesións da casa do concello o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez,  e o arquitécto redactor do proxecto, Francisco Valle Rubín, presentarán o proxecto de desentullo da zona cero no barrio da Torre, afectado pola explosión do pasado 23 de maio.