O Salón de Plenos do Concello da Lama acolleu unha charla sobre factura eléctrica e bono social

Ana Cores, técnica de consumo, falou sobre a importancia de adapta-lo noso contrato eléctrico ao consumo e á demanda real de subministro que precisamos
Publicado por o día 31/10/2019 na sección de Galicia

O Salón de Plenos do Concello da Lama acolleu unha charla sobre factura eléctrica e bono social

A técnica de consumo Ana Cores protagonizou a charla informativa sobre factura eléctrica e bono social organizada pola Asociación de Mulleres en Igualdade (MEI) de Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e A Lama que tivo lugar no Salón de Plenos do Consistorio da Lama, en colaboración co Concello.

A charla, que contou coa presenza do tenente de alcalde David Carrera, xirou en torno a varios aspectos relacionados coa factura eléctrica, os seus conceptos e as posibilidades de contratación que ten o usuario. Así, Ana Cores insistiu na necesidade de revisa-los contratos que mantemos coas compañías subministradoras porque “un dos erros máis comúns que cometemos é ter contratada unha potencia superior á que precisa unha familia tipo. Os expertos din que para un fogar medio é suficiente unha potencia de entre 3,45 e 4,75 kilovatios”, señalou Ana Cores.

Tamén a técnica de consumo insistiu sobre a necesidade de reemplazar as bombillas polas novas de tecnoloxía led, así como os antigos electrodomésticos que teñen peores prestacións e un maior consumo que acaban por aumentando o custe da nosa factura eléctrica.

Outro dos asuntos tratados referiuse á posiblidade de contratar o bono social, que permite contar cunha factura subvencionada pola Administración. Segundo a técnica de consumo “este é un tema nada desdeñable en zonas rurais e con poboación moi envellecida como esta da Lama porque en fogares con fillos e unha renda inferior a 15.000 euros anuais poden ter un desconto dun 40% do recibo eléctrico. Hai outras casuísticas que permiten acollerse ao bono social e xiran en torno a cobrar unha pensión mínima, pertencer a unha familia nuerosa, estar tódolos membros dun fogar en paro, ser vítima de violencia de xénero, etc.”, sinalou a experta.

Comentar noticia

Your email address will not be published.