O salón de plenos do Concello de Nigrán acolle ata fin de mes unha mostra de esculturas en madeira de José Miguel Ruiloba

Por o 04/04/2019 | Sección: Galicia,Nigrán
O salón de plenos do Concello de Nigrán acolle ata fin de mes unha mostra de esculturas en madeira de José Miguel Ruiloba

O salón de Plenos do Concello de Nigrán acolle ata o 23 de abril unha mostra de esculturas en madeira de José Miguel Ruiloba, veciño do municipio. Trátase de 62 pezas talladas en madeiras como kiwi, castaño, nogueira, pino, eucalipto ou bidueiro. A maioría delas son de inspiración étnica pero tamén hay animais, bastóns ou xarróns. Todas están traballadas a man dende un debuxo previo e con madeiras recicladas que foi atopando ao longo de 30 anos de afición na praia, montes, etc. “Xamais merquei un trozo de madeira, todo é con material que fun atopando”, sinala José Miguel, artista autodidacta que tamén esculpe en pedra.

A mostra, aberta ata o 23 de abril, pode visitarse de luns a venres no salón de plenos do Concello de Nigrán.

Comentar noticia

Your email address will not be published.