O `Sandwina tour´ chega esta semana a Melide e a Vigo

Publicado por o día 19/04/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

O `Sandwina tour´ chega esta semana a Melide e a Vigo

Despois dos primeiros concertos en cidades como Santiago de Compostela, Vigo ou Vila do Conde, Sandwina aterra esta fin de semana en Lugo Boiro . Dúas citas que marcan a recta final desta xira de presentación do segundo traballo de The Lákazans que está acaparando o aplauso de crítica e público.

A primeira das citas, en Melide terá lugar o venres 23 ao redor da media noite. Será o sábado cando voltei a Vigo a presentar a ‘Sandwina’ no que será o derradeiro concerto da xira e que promete ’emoción e sorpresas’

Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo. En ‘Sandwina’Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez, volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues todavía máis aínda á música americana, resolvendo con incríble facilidade en rockabillies, countries, souls e swings que non deixarán indiferente a ninguén.

Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ó redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de ‘Sandwina’ e a que leva o fio narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida doble, quen lidera la banda e quen lle otorga o seu rasgo distintivo e é por esto, que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural, como símbolo de recoñecemento ante unha realidade para The Lákazans.