O Secretario de Estado para o avance dixital reuniuse esta tarde coa directiva de Asime e Mindtech

Esta reunión tivo lugar como previa á inauguración da feira Mindtech, que dá comezo mañá no Ifevi ás 10.00 h, coa celebración do acto inaugural ás 12.00h.
Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Secretario de Estado para o avance dixital reuniuse esta tarde coa directiva de Asime e Mindtech

Hoxe pola tarde, visitaron a sede de Asime Francisco Polo, Secretario Federal de Innovación do PSOE e Secretario de Estado para o Avance Dixital; e Gonzalo Caballero, Secretario Xeral PSdeG-PSOE.

Mantiveron un encontro coa directiva de Asime e Mindtech: Xusto Sierra Rey, Presidente de Mindtech, Asime e Urovesa; Enrique Mallón, Director Xeral de Mindtech e Secretario Xeral de Asime; e Rafael Outeiral Graña, Vicepresidente de ASIME e director institucional de Nodosa Shipyard.

No encontro participaron tamén membros do PSdeG-PSOE e empresas relevantes do ámbito industrial e tecnolóxico: Inycom, Soltec, Seresco e ASM Soft.

Durante a reunión abordáronse temas clave para o sector industrial como a Axenda Dixital, e detalles da Metal Industry and Technologies Internationl Trade Fair ( Mindtech) que dá comezo mañá no Ifevi.

Xusto Sierra Rey, Presidente de Mindtech, Asime e Urovesa, declarou “A feira Mindtech que comezamos mañá vai permitir dar visibilidade á transformación dixital que xa están a levar a cabo moitas empresas e que é clave para a sustentabilidade e o futuro do sector industrial”.

Francisco Polo, Secretario Federal de Innovación do PSOE e Secretario de Estado para o Avance Dixital declarou: “A dixitalización segue sendo un eixo central do goberno, que busca poñer o emprendemento tecnolóxico ao servizo da industria para conseguir unha economía máis produtiva, con mellores postos de traballo e máis resiliencia a dificultades futuras”.

Gonzalo Caballero, Secretario Xeral PSdeG-PSOE, engadiu: “Queremos facer un chamamento a todos os sectores económicos do país para facer un gran acordo que aposte pola dixitalización e as novas tecnoloxías como bandeira de referencia para unha activación industrial do país. Agradecemos neste sentido o traballo de Asime, que é unha organización de referencia internacional para todo o sector como demostra a feira Mindtech que comeza mañá”.

Esta reunión tivo lugar como previa á inauguración da feira Mindtech, que dá comezo mañá no Ifevi ás 10.00 h, coa celebración do acto inaugural ás 12.00 h.