O sector da comunicación galego únese para crear o maior evento sobre Marketing Dixital do Noroeste

Participarán máis de 20 relatores de multinacionais como Microsoft, LinkedIn, New Balance ou Iberdrola, axencias e consultores de primeiro nivel nacional, tendas online e influencers
Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Eventos,Galicia,Pontevedra

O sector da comunicación galego únese para crear o maior evento sobre Marketing Dixital do Noroeste

O maior evento sobre Marketing Dixital do Noroeste de España terá lugar os próximos 13 e 14 de xuño en Pontevedra. O “1º Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor” reunirá durante dous días a máis de 20 relatores de primeiro nivel nacional e internacional. Toda a información e inscricións están xa dispoñibles na web www.congresofluor.com
 
Flúor ofrece dous días de conferencias e mesas redondas con máis de 20 profesionais sobre Negocio Dixital, Publicidade Dixital & Branding e Social Media, talleres de diferentes temáticas, e networking entre profesionais. Entre os relatores figuran directivos de multinacionais como Microsoft, LinkedIn, New Balance ou Iberdrola, así como consultores relevancia como Juan Luís Polo (Good Rebels), Javier Regueira (Branded Content), Tristán Elósegui ou Roberto Carreiras (Voikers).
 
Os contidos ábrense tamén a temáticas de actualidade como as plataformas de televisión ou o papel dos influencers, e asuntos de calado social como a igualdade de xénero e a diversidade na publicidade dixital.
 
O congreso está organizado pola Agrupación industrial de Comunicación de Galicia, que une a toda a cadea de valor da comunicación en Galicia: impresores, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, márketing dixital, directores de márketing e directores de comunicación. Un comité técnico integrado por máis de 15 empresas do sector colaborou durante os últimos meses para crear o concepto e contidos do evento, polo que Flúor representa un proxecto colectivo de todo o sector galego da comunicación.
 
Como proxecto de todo un sector económico, conta co respaldo institucional da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra e Abanca, ademais de axencias de márketing e servicioes dixitais como Iconweb, Bysidecar, Roi Scroll e Dinahosting.
 
O evento está aberto a todos os empresarios, directivos e profesionais interesados en coñecer de preto as ferramentas, técnicas e estratexias dixitais máis eficaces para marcas, empresas e negocios online. As inscricións poden facerse xa na web www.congresofluor.com