O sector naval concentrarase o luns 9 en Vigo

O sindicato comarcal de CCOO-Industria pide a dimisión do conselleiro pola xestión da crise de Vulcano, que desembocou no peche
Publicado por o día 07/09/2019 na sección de CC.OO,Galicia,Naval,Protestas,Sindicatos,Vigo

O sector naval concentrarase o luns 9 en Vigo

Os delegados e delegadas do sector naval de CCOO na ría de Vigo concentraranse o luns, 9 de setembro, diante da delegación da Xunta de Galicia en protesta pola situación do sector naval e polo peche do estaleiro Vulcano. A concentración terá lugar de 11 a 13 horas no número 8 da rúa Concepción Arenal.

O sindicato comarcal de CCOO-Industria pide a dimisión do conselleiro do ramo pola incapacidade do Goberno galego para atopar un investidor para Vulcano, impedindo «que siga dando máis de mil empregos para a comarca».

O mesmo luns, os responsables comarcais de Industria de CCOO, UGT e CIG explicarán ante os medios de comunicación a situación actual e as xestión que se están a realizar para a procura dunha solución para as instalación de Vulcano en Teis e o seu persoal. Asemade, exporán a problematica do sector e o «abandono total» dun sector estratéxico por parte da Administración.

Reunións cos grupos parlamentarios

Na tarde do luns, o comité de empresa de Vulcano reunirase cos diferentes grupos parlamentarios en Santiago de Compostela, en xuntanzas separadas con cada formación política.

Comentar noticia

Your email address will not be published.