O Sendeiro dos Muíños de Pereiras será circular

Ampliarase a súa lonxitude e dotarase de sinalización, para o que técnicos municipais xa se atopan traballando no proxecto

Como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19, viuse incrementada a práctica deportiva e de lecer ao aire libre por parte da veciñanza, incluíndo as camiñatas diarias ao aire libre, actividades de running, trail… etc. É por elo que desde o Concello de Mos decidiuse mellorar e ampliar unha das rutas peonís máis transitadas e frecuentadas do municipio, o Sendeiro dos Muíños da Salgueira, na parroquia de Pereiras, ampliándoo e converténdoo nunha senda circular de 5 quilómetros de lonxitude.

Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Medio Ambiente Sostible e natural da parroquia de Pereiras, Leo Costas, quenes apuntaron tamén que “se trata ademáis dunha importante demanda veciñal da parroquia de Pereiras, moi volcada con este sendeiro e estes muíños que forman parte do seu patrimonio cultural, histórico e etnográfico; e que revirte en beneficio de toda a poboación mosense que poderá facer uso e desfrute da senda circular”.

O proxecto da Senda Circular dos Muíños da Salgueira en Pereiras, que xa comezou a ser redactado por técnicos municipais, e cuxa acometida se espera poida ser iniciada durante este ano, inclúe entre outra melloras a ampliación da lonxitude do sendeiro, que pasará de pouco máis de 2 quilómetros a 5, sinalización horizontal e vertical, instalación de paneis informativos, etc.

Desde xeito continúase coa vontade municipal do Concello de Mos de manter e conservar o seu patrimonio natural e cultural e fomentar as prácticas sostibles e ecolóxicas. Potenciar o Mos verde e sostible, así como o turismo local en tempos de pandemia, que a veciñanza mosense coñeza o seu propio municipio e goce de actividades turísticas e deportivas ao aire libre: roteiros de sendeirismo… etc.

“Queremos promocionar o Mos sostible dotado de recursos culturais e naturais que son os seus principais atractivos e elementos diferenciadores” explicaron rexedora local e concelleiro.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM