O SERGAS anuncia o abandono do Xefe do servizo de pediatra tras a súa fichaxe polo grupo HM

O xefe de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro abandona o cargo tras a súa fichaxe por un grupo privado
Por o 10/02/2017 | Sección: Sanidad,Vigo
O SERGAS anuncia o abandono do Xefe do servizo de pediatra tras a súa fichaxe polo grupo HM
Compartir en:

O Sergas anunciou que o doutor José Ramón Fernández Lorenzo abandonará esa función nos próximos meses, un día despois de que o Grupo HM Hospitais anunciase a súa fichaxe como xefe de pediatría dos catro centros sanitarios que ten en Galicia, dous en Santiago e dous na Coruña. A administración sanitaria considera que non é «axeitado compatibilizar ambas as prazas», polo cal o Hospital Álvaro Cunqueiro desde hoxe mesmo tera que buscarse o novo Xefe do servizo de Pediatría.

Despois que no día de onte os sindicatos CCOO e CIG manifestásense ao respecto da fichaxe do do doutor Lorenzo no que pedían que se endureza a lei de incompatibilidades, aínda que se poda contabilizar os cargos os sindicatos recalcan que tal dito proceder é non moi ético

A lei establece que os médicos poden traballar tamén na privada a condición de que non cobren a exclusividade (o complemento específico) e non atendan a pacientes da mesma área sanitaria na que traballan na pública. Como queira que o aínda xefe de Pediatría dirixirá un servizo en Santiago e A Coruña e, ademais, entre as súas funcións non estará atender pacientes, non se contraviene ningunha lei”.

A fichaxe deste doutor polo grupo HM establece a súa incorporación nun prazo de seis meses. O Chuvi quere que durante este tempo o xefe de Pediatría planifique unha transición co seu substituto, cuxo nomee aínda non se coñece.

O Sergas agradeceulle o traballo que desenvolveu pola sanidade pública e el tamén agradeceu a confianza que o Sergas depositou nel.