O SERGAS busca alternativas ao centro de saúde de López Mora

O Sergas considera prioritaria na súa planificación a disposición dun novo centro de saúde que substitúa a López Mora, xa que este non reúne as condicións estruturais axeitadas para o servizo sanitario
Publicado por o día 23/09/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O SERGAS busca alternativas ao centro de saúde de López Mora

O Servizo Galego de Saúde está traballando na busca de alternativas para o centro de saúde de López Mora. Así o confirmou o xerente da EOXI de Vigo, Julio Garcia Comesaña, ao xefe de servizo deste centro nunha xuntanza mantida o pasado veneres no centro.

O xerente, que xa visitara o edificio sanitario no pasado mes de agosto, informoulle que ante a paralización do proxecto do Concello de Vigo de desenvolver o Polígono da SEARA, onde o SERGAS tiña planificado a construción dun novo centro de saúde desde hai máis dunha década, -“estamos xa estudando outras alternativas polo entorno, porque urxe dispoñer dun novo centro que substitúa a López Mora. Neste momento resulta prioritario na planificación do Sergas, xa que o edificio actual, pese a que se teñen feito nel actuacións puntuais -nos últimos días pintouse- non reúne as condicións estruturais axeitadas e presenta unha evidente limitación espacial que condiciona o seu crecemento e desenvolvemento”-.

O local que alberga o centro de saúde resulta pequeno e obsoleto para o servizo sanitario.

O centro de saúde de Lopez Mora atende a unha poboación de 14.780 pacientes (12.828 adultos e 1952 nenos) . Conta cun equipo de facultativos composto por 9 médicos de familia e 2 pediatras. A ratio de TIS por médico de familia é de 1425 TIS, superando lixeiramente a media da área viguesa, establecida en 1330 TIS por facultativo.

Dispoñer en Vigo dun novo centro sanitario permitiría, ademais de incrementar os recursos humanos dese centro, completar a carteira de servizos con fisioterapia, odontoloxía, matrona, traballo social ou farmacia, e incluso asumir pacientes doutros servizos de atención primaria con maior sobrecarga.

Un centro de saúde novo na cidade de Vigo mellorá a calidade da asistencia ofertada aos usuarios e as condicións de traballo dos profesionais.