O SERGAS contradí a Feijóo e non asegura a reapertura do paritorio de Verín aínda que haxa pediatras

O Sergas volve cambiar de criterio sobre as razóns do peche da unidade de partos de Verín.
Publicado por o día 19/12/2019 na sección de En Marea,Galicia,Ourense,Política,Sanidad

O SERGAS contradí a Feijóo e non asegura a reapertura do paritorio de Verín aínda que haxa pediatras

O Xerente do SERGAS, Antonio Fernández Campa, respondeu á Deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, na Comisión 5ª do Parlamento celebrada o 19 de decembro de 2019 que “o número de partos é o desencadenante desta situación” (peche do paritorio).

Preguntado o SERGAS polos criterios para pechar de xeito abrupto a unidade de partos de Verín, responde unicamente que se debe ao descenso do número de partos, indicando que se esperaban uns 60 este 2019, e que en setembro só houbo 2, igual que en outubro, 1 parto e 1 cesárea. Sinalou Fernández Campa que a decisión se tomou en base a un documento técnico asinado “pola totalidade dos especialistas do CHUO”.

Dende En Marea, Paula Vázquez Verao volveu apelar á falta de diálogo cos e coas profesionais de Verín, e a falta de consideración ás matronas, que mesmo se ofreceran a facer quendas no CHUO.
Apelamos a que hai solucións para a reorganización do servizo na EOXI, igual que para a dotación de pediatras, pero semella que a decisión da Xunta é o peche definitivo da unidade de partos.

Sinalou o xerente do SERGAS que se trataba dunha decisión difícil, pero que a diminución dos partos é unha realidade ineludible. Paula Vázquez Verao preguntou se, entón, mente Feijóo cando sinala que se abrirá o paritorio se hai pediatras, pois, coa resposta do SERGAS, quedou claro que, se o criterio é o baixo número de partos, non ten intención de volver abrir o servizo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.