O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. En total, convócase 9 prazas.
É o terceiro proceso selectivo convocado polo Servizo Galego de Saúde, no que se habilita unha quenda diferenciada de acceso para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral. Está previsto avanzar na integración profesional deste colectivo coa convocatoria de novas probas selectivas para o acceso a outras categorías, como a de pinche.
Para a adaptación á lectura fácil do contido dos temarios contouse coa colaboración das asociacións do ámbito da discapacidade: FADEMGA Plena Inclusión, DOWM Galicia e ASPACE, coas que a Consellería de Sanidade ten asinado convenios de colaboración.
O formulario de inscrición estará dispoñible a partir de mañá, mércores 9 de outubro, no sistema informático FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE. O prazo remata o 8 de novembro próximo.
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os/as aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: [email protected] Estas consultas non terán a consideración de reclamación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.