O SERGAS inicia o próximo venres a actividade do novo Centro de Saúde de Gondomar

O traslado realizarase a partir das 12.00 h., de xeito que os profesionais da Unidade de tarde xa pasarán consulta no novo edificio sanitario na xornada vespertina
Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Galicia,Gondomar,Sanidad

O SERGAS inicia o próximo venres a actividade do novo Centro de Saúde de Gondomar

O novo centro de saúde de Gondomar iniciará a súa actividade na tarde do venres dia 22 de novembro. Así, unha vez o Concello de Gondomar realizou todos trámites administrativos necesarios para a súa posta en funcionamento e oficializou a licencia de actividade do centro, o Servizo Galego de Saúde xa está en condicións de por a disposición da poboación de Gondomar esta nova infraestrutura sanitaria.

Este novo centro de saúde ven a substituír ao actual, polo que o traslado vaise realizar a partir das 12.00 h. do venres, de xeito que nesa mesma xornada vespertina os profesionais da Unidade de tarde xa poidan pasar consulta nas novas instalacións. En caso de que algún usuario requirise atención inmediata e non demorable, na franxa horaria entre as 12.00 h. e as 15.00 h., será atendido no centro cabeceira da comarca, en Val Miñor.

Máis de 2 millóns de euros de investimento

O novo centro de saúde de Gondomar conta cunha superficie construída de 1.611,20 m2, o que supón un incremento de 990 m2, un 159,45% máis respecto ao espazo do que se dispoñía ata agora.

O novo centro conta na área médica con 6 consultas de medicina xeral, 6 de enfermería, 1 consulta de matrona e 1 sala de educación social, unha sala de toma de mostras, unha sala técnica, 1 sala polivalente e 1 sala de atención ás Urxencias. Na área pediátrica dispón dunha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica. Tamén dispón, entre outras dependencias, dunha área de admisión e un espazo específico para traballo administrativo así como de dous locais de Almacén.

O centro de saúde de Gondomar atende a unha poboación de 10.615 tarxetas sanitarias, das que 1.178 son menores de 15 anos. Con esta nova infraestrutura da rede sanitaria pública permitiralles tanto aos profesionais como aos pacientes e usuarios dispoñer dunha centro moderno e adaptado ás súas necesidades e que dará mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste concello pontevedrés.

Comentar noticia

Your email address will not be published.