O Sergas publica o nomeamento de 1.429 profesionais de diversas categorías que se incorporan ao Sistema Público de Saúde

Con esta toma de posesión finalízase o concurso-oposición para o acceso ás prazas de enfermería, celador e grupo auxiliar da función administrativa

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o nomeamento dun total de 1.429 profesionais seleccionados na última oferta pública de emprego das categorías de celadorenfermeiro grupo auxiliar da función administrativa. A súa toma de posesión suporá a incorporación ás institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia deste persoal con condición de fixeza. Cúmprese así o obxectivo do Sergas de estabilización do seu persoal, que na actualidade conta cun 80% de persoal estable.

En concreto, un total de 830 destinos foron adxudicados na categoría de enfermeiro; 209 na categoría de grupo auxiliar da función administrativa; e 390 na categoría de celador. Cómpre destacar a incorporación nesta última categoría, dun total de 30 celadores da quenda de discapacidade intelectual, co que se dá cumprimento á integración laboral destas persoas dentro do Servizo Galego de Saúde. Coa adxudicación das prazas, declárase finalizado o concurso-oposición para o acceso á condición de persoal estatutario fixo destas categorías.

Incorporación na súa praza ata o 19 de outubro

O persoal nomeado disporá do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 19 de outubro próximo.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do interesado, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario