O SERGAS publica o nomeamento e destino definitivo dos aspirantes seleccionados na OPE de 46 categorías de persoal facultativo e de xestión e servizos

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Sanidad

O SERGAS publica o nomeamento e destino definitivo dos aspirantes seleccionados na OPE de 46 categorías de persoal facultativo e de xestión e servizos

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe o nomeamento e destino definitivo  dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso a distintas categorías de persoal estatutario correspondente á convocatoria 2016-2017. Nesta ocasión adxudicáronse 399 prazas correspondentes a 46 categorías

Desas 399 prazas, 352 corresponden a diversas categorías de persoal licenciado sanitario (268 de facultativo especialista de área e 84 a outras categorías de persoal licenciado sanitario) e 47 a diversas categorías de xestión e servizos.

Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá a perda do seu dereito a obter a praza como consecuencia do proceso selectivo. Só, en casos de forza maior e a instancia do aspirante, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Con esta publicación no Diario oficial de Galicia declárase finalizado o proceso de concurso-oposición para estas categorías.