O Sergas realiza anualmente máis de 200.000 consultas de otorrinolaringoloxía

Así o afirmou o conselleiro de Sanidade na inauguración do 70 Congreso da Sociedade Española de Otorrinolaringologxia e Cirurxía de cabeza e colo e V Congreso da Academia Iberoamericana de ORL
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Sanidad

O Sergas realiza anualmente máis de 200.000 consultas de otorrinolaringoloxía

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña destacou hoxe a actividade dos servizos de otorrinolaringoloxía (ORL) que levan a cabo os hospitais do Servizo Galego de Saúde, con máis de 200.000 consultas e máis de 9.000 intervencións anuais. Así o manifestou hoxe no transcurso da inauguración do 70 Congreso da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de cabeza e pescozo e V Congreso da Academia Iberoamericana de ORL.

Almuiña remarcou hoxe a aposta pola prevención que se está a facer dende o Sergas. Con este motivo naceu, no ano 2002, o Programa Galego para a detección da sordeira no período neonatal. O conselleiro lembrou a importancia e as consecuencias da xordeira durante a infancia, xa que dificulta a adquisición da linguaxe, provocando alteracións no desenvolvemento social, emocional, cognitivo e académico do neno.

O programa, que se realiza en todos os hospitais públicos e nas maternidades, ten unha cobertura xa dende 2012 do 100% dos nenos nacidos en Galicia. Así, tras a realización da proba de cribado, aqueles nenos que non a superan satisfactoriamente, son derivados ás unidades de Diagnóstico de Tratamento dos hospitais da rede pública de Galicia, co fin de confirmar ou descartar a presenza de hipoacusia. Despois do diagnóstico definitivo, e antes dos 6 meses de idade, os nenos deben iniciar o tratamento, ben médico-cirúrxico ou de rehabilitación protésica e foniátrica, segundo cada caso individual, co fin de conseguir o máximo beneficio da detección precoz.

O conselleiro afirmou que de nada serviría o diagnóstico precoz se non se pode garantir un tratamento coa calidade necesaria para asegurar que se van mellorar as capacidades de comunicación dos nenos diagnosticados precozmente. Para iso, o pasado mes de xuño o Sergas asinou un novo convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para o asesoramento científico-técnico na adaptación, intervención e seguimento audiolóxico-protésico de calidade para o Programa Galego de detección da xordeira en período neonatal.

Almuiña afirmou que “todos estes obxectivos están dirixidos a garantir un tratamento coa calidade necesaria para asegurar que se van mellorar as capacidades de comunicación dos nenos diagnosticados precozmente”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.