O Sergas realiza probas a todo o persoal da Fiscalía de Vigo

Publicado por o día 29/07/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

O Sergas realiza probas a todo o persoal da Fiscalía de Vigo

Polo punto de toma de mostras habilitado no hospital Meixoeiro de Vigo continúa pasando o persoal da fiscalía viguesa por precaución logo do positivo dunha funcionaria que estaba de vacacións.

O gromo relacionado coa fiscala mantense, polo de agora, en sete casos activos, e o edificio xudicial foi desinfectado, en especial, as dependencias da fiscalía, do xulgado de violencia sobre a muller e a sala do social número 6.

Tampouco variaron as cifras dos outros dous gromos declarados nesta área sanitaria: 6 positivos no Porriño e tres en Vigo. Segundo fontes sanitarias, en total, hai 47 casos activos, dos que un está na UCI, outro hospitalizado en planta e 45 recupéranse nos seus domicilios.

A pandemia é a causa da suspensión, por segunda vez na súa historia, a primeira foi no 36, da centenaria e multitudinaria procesión do Cristo da Victoria, prevista para este domingo.

Con todo, a confraría que a organiza alerta da intención dalgúns fieis de procesionar pola súa conta, a quen lles recomenda precaución e que eviten as aglomeracións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.