O Sergas reprograma ciruxías non urxentes co obxetivo de garantir o número de camas necesarias para facer fronte á terceira onda da COVID-19

O resto da actividade cirúrxica continuará desenvolvéndose con total normalidade, dando cobertura a todos os procesos cirúrxicos de natureza oncolóxica, a toda a cirurxía urxente, cirurxía ambulatoria e resto de procesos contemplados na Lei de garantías
Publicado por o día 14/01/2021 na sección de Sanidad,Salud,Xunta de Galicia

O Sergas reprograma ciruxías non urxentes co obxetivo de garantir o número de camas necesarias para facer fronte á terceira onda da COVID-19

Como parte do Plan de continxencia fronte á pandemia da covid 19, o Servizo Galego de Saúde está a aplicar, desde este luns, o aprazamento de determinados actos cirúrxicos que permitan demora. Trátase de cirurxía con ingreso complexas que poden requirir no post operatorio o uso de camas de críticos.

Desta maneira, aquelas intervencións cirúrxicas cuxa reprogramación non xera complicación algunha de tipo clínico na natureza médica da mesma, aprazaranse a días próximos co obxectivo de garantir a dispoñibilidade do número de camas que puidesen ser necesarias para enfrontarnos á terceira onda da pandemia. No momento actual, as áreas sanitarias que reprogramaron a súa actividade cirúrxica son as de Ferrol, Santiago e A Coruña. Nas áreas de Santiago e A Coruña os quirófanos reprogramados serán usados para facer procedementos de cirurxía maior ambulatoria, podendo aumentar incluso o número de pacientes operados.

O resto da actividade cirúrxica continuará desenvolvéndose con total normalidade, dando cobertura a todos os procesos cirúrxicos de natureza oncolóxica, a toda a cirurxía urxente, cirurxía ambulatoria e resto de procesos contemplados na Lei de garantías.

En Galicia, como no resto das comunidades autónomas, a situación derivada da pandemia causada pola covid, fixo que a actividade asistencial tivese que ser orientada á atención dos pacientes afectados por esta enfermidade. Desde o mes de maio do ano 2020, o Sergas estivo en proceso continuo de adaptación e reorganización do sistema sanitario no que respecta á súa actividade asistencial programada, en recursos humanos e recursos materiais definidos no Plan de reactivación asistencial no ámbito hospitalario.

O Sergas destaca o esforzo de todos os profesionais por conseguir, neste momento epidemiolóxico da pandemia mundial, que todos os pacientes que teñen asignado polo seu médico unha prioridade 1 para a súa intervención cirúrxica foi garantido en todo este período extraordinario de pandemia; e o mesmo pódese dicir para todos aqueles pacientes naquelas prestacións incluídas no decreto de tempos máximos. E así mesmo, por suposto, toda a actividade urxente.