O SERGAS segue a empeorar todavía máis o seu sistema de contratación precaria

Publicado por o día 30/04/2020 na sección de Salud,Sanidad,Social

O SERGAS segue a empeorar todavía máis o seu sistema de contratación precaria

O colectivo ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ veñen de manifestarse nestas últimas horas ao respeto do que no Servizo Galego de Saúde estan pasando, según din continúa sen existir unanimidade nas contratacións nas diferentes áreas e distritos sanitarios.
“O Sergas aproveitase da posibilidade de renovar a xente que está con contrato, saltando a orde das listaxes de contratación”. “E sen informar adecuadamente ás suas traballadoras, que dous días antes (hoxe as 12 da mañá) seguíamos sen saber onde e como, ou se traballaríamos durante o vindeiro mes” nos falan desde o colectivo nun comunicado.
“Mentres, outras profesionais con Acúmulo de Tarefas que desempeñamos a nosa labor en plantas COVID, aínda non nos comunicaran como e cando iamos traballar o mes de Maio” manifestan as sua incerteza.
Non falamos soamente de persoal de reforzo senón de profesionais que estamos cubrindo ocos libres.
“Á última hora da mañá moitas compañeiras seguíamos sen saber o noso futuro, e outras estabamos a ser renovadas despois de que onte se nos dixese o contrario” recalcan.
Desde o colectivo, “voltamos esixir transparencia e coherencia, estabilizacion de prazas, respeto á orde das listaxes e igualdade”.
“Continuamos co mesmo sistema de avisos case no momento de nos incorporar e asignación de carteleiras un día antes de comezar o contrato ou incluso no mesmo día” din desde o colectivo.
“Se somos tan importantes porque nos tratan con esta humillación e desleixo? finalizan o comunicado con esa pregunta”