O servizo de alergoloxía do Cunqueiro recibe unha acreditación nacional como unidade especializada en asma grave

A acreditación recoñece que o servizo cumpre os requisitos organizativos e asistencias máis esixentes no manexo deste tipo de pacientes
Publicado por o día 15/06/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

O servizo de alergoloxía do Cunqueiro recibe unha acreditación nacional como unidade especializada en asma grave

A Unidade de Asma do servizo de Alergoloxía do Chuvi ven de recibir unha certificación nacional que a acredita como Unidade especializada en Asma Grave. Esta acreditación, que outorga a Sociedad Española de Alergologia e Inmunologia Clínica, é un recoñecemento a actividade deste servizo no manexo dos pacientes con asma grave.

A certificación avala que o servizo de Alergoloxía, emprazado no hospital Meixoeiro, cumpre cos requisitos organizativos e asistenciais esixidos, como son o dispoñer de consulta monográfica para asma grave, de profesionais médicos e de enfermaría especializados e cualificados, dunha carteira de servizos ampla e actualizada, e dun gabinete de función pulmonar con equipamento para a realización dos procedementos e técnicas diagnosticas máis avanzadas. Ademais, a Unidade debe presentar accesibilidade e continuidade asistencial a este tipo de pacientes, así como realizar labor docente e investigadora neste campo.

O paciente con asma grave de control dificil presenta unha evolución clínica complexa, con importante afectación da súa calidade de vida, e consume moitos máis recursos económicos e de asistencia sanitaria, tanto en costes directos como indirectos, dado que os afectados requiren dunha atención especial. Por isto, todas as sociedades científicas recomendan atender a este tipo de pacientes en Unidades Especializadas que poidan ofrecer unha valoración multidisciplinar e personalizada.

A xefa do servizo de Alergoloxía, Carmen Marcos, manifesta a súa satisfacción xa que “ este recoñecemento é un indicador de que estamos na vangarda asistencial no diagnóstico e tratamento desta patoloxía e supón unha validación ao traballo do equipo; ademais, aporta motivación e, sobre todo, moita seguridade tanto para os profesionais como para os pacientes”.

Asma grave

A asma é unha enfermidade crónica que foi incrementando a súa incidencia nas últimas décadas. Se calcula que a padece o 5% de a poboación adulta e o 10% dos nenos e adolescentes nos paises de noso entorno.

Na maioria dos casos ten orixe alérxico (8 de cada 10 casos en nenos e máis da metade en adultos). De feito, é a segunda causa de consulta nos servizos de alergoloxía; por delante desta patología se encontra únicamente a rinitis alérxica.

A asma é unha enfermidade de afectación variable. Na maioría dos pacientes ten unha presentacion de clínica con intensidade intermitentemente ou persistente leve ou moderada , pero nunha minoría ten unha evolución máis complexa con afectacion grave de control difícil. “Trátase dunha enfermidade potencialmente mortal. Do total de asmáticos, entre o 5-8% padece asma grave, e estos son os que representan o maior reto para os médicos, xa que o seu control é máis dificil”.

No momento actual, o servizo de Alergoloxía do Chuvi ten a 15 pacientes en seguimento con asma grave.

Novos tratamentos biolóxicos

Segundo a doutora Marcos, “son pacientes moi complexos, que sofren crises que moitas veces lles obrigan a achegarse as Urxencias e a ter períodos de hospitalización; ademais, están sometidos a tratamentos especiais polo que requiren de maior control e dun seguimento continuado” .

A asma é unha enfermidade crónica que non se cura, pero se pode controlar adecuadamente na maioria dos casos “Hoxe en dia dispoñemos de novos tratamentos biolóxicos, de dispensación hospitalaria, que tense revelados moi eficaces. Estes tratamentos, de gran impacto económico, supuxeron un salto cualitativo importante xa que melloran moito a calidade de vida destes pacientes, e lles axudan a superar as súas limitacións funcionais”

“En definitiva -conclúe Carmen Marcos- cun adecuado manexo clínico pode conseguirse unha melloría significativa no seu control clínico e a diminución da morbimortalidade da enfermidade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.