O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, renova parte da frota de vehículos para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. Estes turismos serán empregados tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo e tamén na loita contra a contaminación. O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recepcionou hoxe cinco turismos en Santiago de Compostela.
A estes cinco coches recepcionados hoxe sumaranse nos vindeiros días outros dous e serán distribuídos entre as unidades operativas que o Servizo de Gardacostas ten polo litoral de Galicia e os servizos centrais. Esta renovación complementa á realizada en xaneiro deste ano, na que se renovaron dez vehículos do servizo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.