O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadumia plantexa unha ampla oferta formativa acorde as demandas dos usuarios

Publicado por o día 27/01/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadumia plantexa unha ampla oferta formativa acorde as demandas dos usuarios

O Concello de Ribadumia xestiona para que diversos cursos subvencionados pola Consellería do Medio Rural se celebren no municipio. Estas actividades formativas son pertencentes á oferta programada dende Agroforestal.

Dende Decembro do ano pasado, estánse a realizar cursos de Aplicación de Productos Fitosanitarios, onde a persoa interesada só ten que asumir o coste das taxas pola expedición do seu carné profesional.

Así, desenvolveuse un curso para a obtención do CARNÉ DE FITOSANITARIOS BÁSICO a mediados do mes pasado e, esta semana, un total de 26 alumnos/as están a cursar a formación ponte para a obtención do carné de máximo nivel na aplicación de fitosanitarios: o nivel CUALIFICADO.

Este curso ponte recibiu tantas solicitudes que, para poder responder á demanda xerada, o Concello de Ribadumia ten a posibilidade de acoller outro curso das mesmas características a partir do dia 11 de Febreiro, polo que as persoas interesadas poden solicitar dito curso a través do Servizo de Orientación Laboral ata o día 7 do mes vindeiro.

Por outra banda, tamén dende onte día 24 de Xaneiro e ata o 1 de Febreiro, estase a desenvolver o curso de PODA DE FROITEIRAS E VIDEIRAS, totalmente gratuíto, e que foi inaugurado por Félix Lorenzo, responsable en TRAGSATEC para a prestación deste servizo de formación agroforestal.

Un total de 28 alumnos/as están a realizar este curso de Poda, que desenvolverá parte das súas prácticas na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía (EVEGA) de Leiro – Ribadumia e que completarán noutras fincas con plantación de froiteiras.

Este curso de poda é o único, destas características, de todos os programados nos últimos meses por Medio Rural que se chegou a por en marcha, sendo así Ribadumia o único Concello que cubriu as prazas do mesmo. O número de participantes era a condición obrigatoria para a execución da formación.

Félix Lorenzo, dirixíndose ós alumnos/as deste curso, explicoulles que, a través da coordinación entre TRAGSATEC e o Concello de Ribadumia é posible iniciar outros cursos subvencionados, dando a posibilidade de que sexan os propios veciños/as do Concello os que manifesten cales serían as súas preferencias en materia agroforestal.

O Concello de Ribadumia, a curto prazo, ten previstas as seguintes accións formativas,segunda convocatoria do curso ponte de Fitosanitarios, outro curso de Aplicador de Productos Fitosanitarios do nivel Básico, un de Benestar Animal no Transporte, e comenzar a recoller solicitudes para outro de Poda de Froiteiras, xa que unha vez cerrada a convocatoria, seguironse recibindo solicitudes no Servizo de Orientación Laboral para inscribirse a dito curso.

A finalidade destes cursos de formación é a de favorecer a profesionalidade e o aprendizaxe permanente dos alumnos o que pode incluso mellorar as posibilidades de inserción laboral de aqueles traballadores/as que están desempregados/as.