O Servizo de recollida de voluminosos recolleu no mes de xullo 10 camións de residuos con destino ao punto limpo

Este dato amosa o aumento da poboación na Cañiza e o grao de conciación ambiental da veciñanza
Publicado por o día 12/08/2020 na sección de Galicia

O Servizo de recollida de voluminosos recolleu no mes de xullo 10 camións de residuos con destino ao punto limpo

O servizo de recollida de voluminosos polas parroquias recibiu neste mes de xullo máis de 38 solicitudes. Un total de 10 viaxes de camións para recoller 25 colchóns, 9 somieres, Tv, residuos de plástico e de madeira, sobre todo grandes mobles, sofás, cociñas e outros grandes aparellos. Dende a súa inauguración esta foi a maior recollida en canto a cantidade, volume e m3.

Pero ademáis a propia instalación recibiu multiples achegas dos veciños particulares. 51 solicitudes cubertas para dar conta do depósito de máis de 108 artículos.

Esto é un refrexo do grado de concienciación dos nosos veciños coa reciclaxe e o medio natural, ainda que hai que seguir traballando para crear unha auténtica conciencia ambiental entre a nosa poboación para reducir a contaminación.

Para poder facer uso do servizo de recollida de voluminosos, os particulares teñen que chamar ao Concello para notificar o tipo de residuos e os seus datos persoais. Este servizo realízase o último xoves de cada mes, polo que os residuos solo poden depositarse o mércores anterior.

Por outra banda, se os particulares desexan levar pola súa conta calquera tipo de residuo, o Punto Limpo está aberto de luns  a  venres en horario de 09h00 a 15h00 e os sábados en horario de 09h00 a 14h00 (os sábados desde novembro de 2019).

Comentar noticia

Your email address will not be published.