O Servizo Galego de Saúde asume os gastos de mantemento do Centro de Saúde da Guarda

Publicado por o día 18/01/2019 na sección de A Guarda,Galicia

O Servizo Galego de Saúde asume os gastos de mantemento do Centro de Saúde da Guarda

O pasado martes día 15 de xaneiro de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e María Jesús Piñeiro, Directora Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, asinaron o acordo para a asunción dos gastos do Centro de Saúde PAC da Guarda por parte da Consellería de Sanidade, unha vella reivindicación, trala cal o Concello da Guarda cede a titularidade do Centro de Saúde á Consellería de Sanidade.

Unha vez finalizado este proceso de cesión o SERGAS é o encargado de asumir os gastos de funcionamento desta infraestrutura, na que as arcas municipais da Guarda investiron no ano 2018 un total de 48.537,60 euros.

Concello da Guarda comprometeuse a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos necesarios, remitindo previamente toda a documentación e facilitando toda a información solicitada pola Xerencia de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde para evitar problemas no proceso de cambio de titularidade dos contratos de subministración existentes ata esta data.

A decisión de iniciar este procedemento fora xa adoptada nun acordo plenario de xaneiro de 2009, facendo unha rectificación do Inventario de Bens Municipais para poder ceder esta titularidade á Consellería de Sanidade.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.