O silencio dos enfermeros e enfermeiras da área de Vigo

Por o 12/04/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
O silencio dos enfermeros e enfermeiras da área de Vigo
Compartir en:

Artigo elaborado por enfermeiras eventuais da área de Vigo.

Creo que é hora de que os usuarios do sistema sanitario saiban a verdade á que nos enfrontamos os profesionais eventuais de enfermaría dende fai un tempo. Neste caso concreto, xa só na área de VIGO somos 1928 enfermeiros eventuais na lista actual e 2076 nas listas provisionais publicadas este mes de abril e que se farán definitivas o vindeiro mes de maio.

Según o INE actualmente en Galicia hai 14211 colexiadas das cales 8832 se presentan ó exame. Isto equivale a que só un 37,5% de persoal de enfermería do Sergas ten Praza FIXA.

Presentarnos a unha oposición non é unha opción, senón unha OBRIGACIÓN á que estamos sometidos, porque senón implicaría baixar a nosa puntuación nas listas de contratación, algo que supoñería NON TRABALLAR e por iso non poder alimentar ás nosas familias.

Opositamos para poder optar, con sorte, a traballar os 12 meses do ano. Senón ninguén no seu san xuízo sacrificaría a súa vida para estudar unha oposición onde hai 372 prazas libres en toda Galicia para 8832 enfermeiros que nos presentamos; onde o tempo traballado xoga un papel crave, o cal foi modificado no noso prexuízo en innumerables ocasións, a máis recente neste mesmo ano. (A experiencia laboral no SERGAS conta un máximo de 28 puntos, ata fai uns meses o máximo de experiencia laboral puntuable equivalía a 7 anos e medio traballados, o que corresponde a 0,3 puntos por mes cotizado, por sorpresa, na actualización do pacto de 2019, este baremo modificouse a 0,2 puntos por mes traballado, polo que se nos esixe 11 anos e medio de experiencia laboral). O que en resumidas contas, aínda obtendo un 100% de acertos en exame, non poderemos optar a prazas fixas, como moito a unha vacante ou reserva de praza.

Traballamos nunha rede hospitalaria cunha altísima porcentaxe de eventuais, tanto é así, que para a data do exame, o sergas declara que é imposible cubrir os mínimos requiridos coa xente fixa que hai en persoal, ofrecendo dobraxes a prezo de ouro (199,15 euros nas quendas de mañán e tarde e 200,23 euros na quenda de noite). Entón, por qué non convocar máis prazas e darnos máis estabilidade laboral?

Conciliar traballo e estudos, non é de seu tarefa fácil, pero moito menos cando sabemos as nosas quendas laborais cunha semana de antelación e SEMPRE suxeitos a cambios “por necesidades do servizo”, sen importar citas médicas que poidamos ter, vacinación dos nosos fillos, etcc, dando por feito que temos que vivir POR e PARA o noso traballo, sen contemplar que temos vida fora do hospital.

Ata fai pouco tempo a frase máis repetida era: “Se non queres traballar, XA SABES O QUE TES QUE FACER, porque hai 20 enfermeiras/os que estarían encantados de cubrir o teu posto”. Cada ano que pasan enfrontámonos a novos recortes, e aínda temos que dar as grazas por PODER TRABALLAR nestas condicións.

Algunhas baixas laborais de persoal eventual corresponden a compañeiros que non puideron coa presión de verse sometidos a medidas “extraordinarias de reaxuste de persoal”, que non significa nin máis nin menos que: “Onte fuches a UCI, hoxe a quirófano, mañá a planta e pasado mañá a urxencias”. Cousa que para alguén, medianamente responsable, xenera moita ansiedade, sendo conscientes de que traballamos con vidas humanas, aínda que para a xerencia os pacientes só importan no concepto dos beneficios que xeran.

Como pacientes/doentes, non esquezamos que tamén o somos, preocúpanos e atérranos saber que por exemplo nun quirófano vainos atender unha persoa coa carreira rematada recentemente , mentres que os profesionais con máis experiencia no devandito servizo, atópanse OBRIGADOS a irse cada día a unha parte distinta do hospital en contra da súa vontade.

Enfrontámonos a multitude de irregularidades nos nosos contratos, con dubidosa legalidade, sobre todo nos servizos especializados (destacando especialmente o de quirófano):

· Non ter dereito a ter as mesmas quendas que a persoa á que substitúes.

· Estar expostos a radiación continua (sen ter dereito a dosímetro), a gases anestésicos ou manexo de farmacoloxía oncolóxica pola cal non nos pagan un plus de perigosidade.

· Contratos nos que xa non ocupas un posto en concreto, tendo que asinar o xa famoso ” ACÚMULO DE TAREFAS” que lles permite usarnos como COMODÍN en calqueira parte do hospital, por moi especializada que sexa dita zona e con consecuente reaxuste de quendas que crean conveniente.

· Contratos en curso nos que nos cambian condicións do mesmo, e atopámonos que a 15 días de finalizalo pasamos de pertencer a un servizo especial, como quirófano, a ser PERSOAL CHUVI, é dicir, de todos e cada un dos recunchos da área sanitaria de Vigo; e ademais, onde a nosa rotación de mañás e tardes, agora tamén inclúe noites.

Cantas ilegalidades máis temos que aguantar baixo o título de MEDIDAS EXTRAORDINARIAS? Soamente pensen en como sentirían despois de estar 15 anos traballando e NUNCA desfrutar de vacacións, e que o máximo que nos pode chegar a estar permitido é optar a un mes de Suspensión de chamamentos por ASUNTOS PROPIOS, SEN EMPREGO E SOLDO, é dicir sen cobrar nin cotizar, a condición de que o hospital considere que para eles é boa época para poder solicitalo (neste caso non é posible solicitalo en épocas Estivais, Semana santa e Nadal). E por suposto que eses 15 anos traballando sexan con contratos cunha lonxitude máxima de 60 días seguidos e non 61 (que é o permitido polo SERGAS para optar a un día de libre disposición ou LD), iso se tiveches SORTE, e non son contratos semanais (acostumados a contratarnos de luns a venres con prórroga a partir do luns da semana seguinte para así non cotizar sábado e domingo) ou de día en día.

E xa non falemos das reducións de xornada por coidado de fillos denegadas, do mesmo xeito que os permisos por coidados de maiores enfermos. No momento no que o traballo nos impide atender ás nosas circunstancias persoais, algo sen dúbida, non está a funcionar ben.

Como consecuencia a todo isto, o persoal acaba adquirindo o chamado Síndrome de Burnout e Síndrome do maltratado e acostumándose a traballar baixo unha política do “mal aguante” co consecuente desgaste emocional e físico que iso implica nunha profesión de alta responsabilidade como é a nosa.

Empatía é a primeira palabra que nos ensinan cando comezamos os nosos estudos e aquela que constitúe a base do noso traballo; algo que nós ofrecemos aos nosos pacientes diariamente sabendo que é algo que nós XAMAIS recibiremos.

COA SAÚDE NON SE XOGA

2 Respuestas a "O silencio dos enfermeros e enfermeiras da área de Vigo"

  1. Antonio Cigarrán González   12/04/2019 at 17:38

    Tampoco es justo tener 15 años trabajados y 3 opes aprobadas y no tener plaza. Hay q juntarse contra el Sergas q es quien nos maltrata. Todos somos enfermeras y todos somos eventuales.

    Responder
  2. Pola Veiga   14/04/2019 at 10:52

    Ahora tenéis elecciones sindicales, qué sindicato apoya las listas de contratación?
    Si para ser interino no necesitas nada más que tu Grado, que no te pidan nada más que eso

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.