O Sindicato Labrego Galego Comisións Labregas, vén de presentar esta semana, unha batería de alegacións ao Anteproxecto de Lei 12/2013, do 2 de Agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, tivo en exposición pública un anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 12/2013, de 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, tivo en exposición pública un anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 12/2013, de 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.

No texto que estivo en exposición pública, o Sindicato Labrego Galego botou en falta elementos de protección das persoas produtoras de alimentos, e fixo unha serie de achegas nun documento remitido nos pasados días ao Ministerio.

Entre as alegacións feitas polo Sindicato Labrego Galego, destacamos as seguintes:

1- No relativo á prohibición de venda a perdas ou cun custe por baixo dos prezos de produción, vemos necesario incidir en que se artellen mecanismos para facer operativa e eficaz esta prohibición e que non quede en papel mollado. Que se teñan en conta as actuais referencias de custos e se leven estas aos contratos (de ámbito estatal, autonómico, universidades, etc.), regulando claramente. E no caso puntual de non existir referencias públicas de custos, provisionalmente mentres non existan, que se teñan en conta e se admitan como válidas, as referencias estimadas polas entidades que asesoran ás produtoras, que xa teñen unha metodoloxía para optimizar os custos de produción e o rendemento sobre un número representativo de explotacións. En todo caso, os custos de produción, deberán ter en conta os custos totais incluídos custos salariais e de xestión, incluídos os titulares, cando esta sexa a súa actividade principal.

2- En materia sancionadora, o Sindicato Labrego Galego detectou que determinadas condutas de ameaza ou represalias comerciais que puidesen levar a cabo os compradores só quedaban tipificadas como infraccións leves, cousa que non resulta entendible nunha norma sobre esta materia, e propoñemos que se eleve a tipificación das infraccións, de leve a grave, nos casos de “ameazar ou levar a cabo, por parte do comprador, actos de represalia comercial contra o provedor cando este exerza os seus dereitos contractuais legais, incluídos, a presentación dunha denuncia ou a cooperación coas autoridades encargadas da investigación dos feitos denunciados”

Ao noso entender esta conduta representa uns feitos moito máis ca leves, se ben o feito de cometer dúas infraccións leves no prazo de 2 anos, convertese nunha grave, o certo é que os mecanismos administrativos para determinar a sanción, teñen un procedemento que non é inmediato, mentres que as consecuencias e operatividade da represalias si que poden ser case inmediatas.

Así mesmo, a maiores de propoñer a tipificación como grave deste abuso de posición dominante, tamén propoñemos que dúas faltas graves no prazo sinalado, sexan consideradas unha moi grave.

3- No relativo ás indemnizacións ás que houbese lugar no caso de que algúns operadores incorresen en infraccións reguladas na propia lei, o Sindicato Labrego Galego propón que se concrete máis a “obriga de indemnizar” e de “cesar na práctica comercial prohibida”, para iso debería terse un mecanismo áxil e non custoso e con seguridade xurídica desta “obriga de indemnizar”. Para evitar procesos “farragosos” e que cuantifiquen a indemnización en función da contía na que se produce o dano. Ou que implique unha mediación civil/mercantil contra unha máis sinxela resolución de operatividade executiva e inmediata.

4- A lei prevé que as Comunidades Autónomas designen organismos propios encargados de velar polo cumprimento desta lei, pero non establecía ningún prazo. Dende o Sindicato Labrego Galego proponse que se estableza o prazo máximo de un ano para que as Comunidades Autónomas poñan en marcha estes organismos.

5- Nunha disposición transitoria regúlase a adaptación dos contratos en vigor á normativa que se modifica na propia lei, pero non deixa nada previsto no relativo ao posible incumprimento desta disposición por parte dos operadores. O Sindicato Labrego Galego propón que a propia lei estableza as consecuencias dos incumprimentos para os operadores.

6- Para resolver os conflitos que poidan xurdir entre operadores da cadea alimentaria, o Sindicato Labrego Galego reclama a posta en marcha, por parte das administracións públicas, de sistemas de mediación e arbitraxe que sexan simplificados, gratuítos e cercanos ás persoas produtoras, pois actualmente hai mecanismos de arbitraxe que só se resolven en Madrid, cando as partes afectadas poden estar en calquera parte do estado.

7- Finalmente pídese que as organizacións profesionais agrarias figuren dentro da lei como lexitimadas para denunciar condutas que poidan infrinxir as disposicións da propia lei, pois non está previsto, e resulta adecuado para que poidamos defender e representar os intereses das persoas que forman parte das nosas organizacións.

O Sindicato Labrego Galego valora positivamente que se modifique esta lei coa finalidade de reforzar a situación das labregas e labregos que producen alimentos, pero estas modificacións deben ser operativas e deben contar coas achegas que realizadas pola representación das persoas produtoras, e nese sentido realizou as achegas para mellorar a proposta actual, agardando que sexan acollidas, e amosando a súa disposición para o diálogo nas mesas de traballo correspondentes.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario