O SLG denuncia multas durante o estado de alarma por compra directa de alimentos en granxas de proximidade

O Sindicato Labrego Galego ven de coñecer a proposta de sanción dunha persoa que durante o estado de alarma realizou o desprazamento de 7 quilómetros para poder facer o seu acopio de alimentos persoal. Durante o estado de alarma unha das actividades permitidas era precisamente o suministro de produtos de primeira necesidade, particularmente neste caso de alimentos. Facendo unha interpretación moi ríxida da norma, así como a ambigüedade desta, neste caso considerouse que o desprazamento non estaba xustificado nen amparado pola norma en vigor de aquel momento. A normativa impoñía que os desprazamentos poderían efectuarse á menor distancia necesaria, para estos casos, pero esa disposición hai que interpretala en función das concretas circunstacias, así como das necesidades das persoas que adquiren un determinado produto da súa elección, ou que mesmo é o recomendable para o seu consumo. Nesta situación, que o SLG considera inxusta, a persoa desprazaouse para adquirir alimentos nunha granxa de forma directa, xa que é este o seu hábito, así como a súa necesidade para alimentarse dunha forma saudable, evitando así posibles aglomeracións que se teñen dado noutro tipo de establecementos máis convencionais, nos que non nos constan que as autoridades teñan actuado a pesar de que as imaxes dos medios de comunicación nalgún caso foron elocuentes do posible risco xerado. Unha vez máis os Circuitos Curtos de Comercialización alternativos son penalizados e vítimas dunha desigualdade de trato en relación coas grandes superficies.

Por todo esto, o SLG, ven de solicitar unha entrevista co Delegado do Goberno para visibilizar esta multa inxusta e solicita ás autoridades competentes que se teña presente a realidade que acabamos de describir e en consecuencia que non use un mecanismo tan expeditivo como un procedemento sancionador, con cuantías nada despreciables, para situacións nas que non se pon en risco en absoluto a saúde pública, e que responden á cotidaniedade dun intercambio comercial habitual.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario