As e os socialistas da comarca de Vigo encaran as eleccións municipais coa maquinaria engraxada e funcionando “a toda máquina”, como sinalou David Regades.
Na reunión mantida en Nigrán o partido reclamoulle a Feijóo que elimine as peaxes da Autovía do Val Miñor. “O presidente da Xunta non fai máis que laiarse sobre o traspaso da AP-9 mentras naquelas infraestruturas que xestiona el non toma medida ningunha en prol dos cidadáns”, exclamou Regades durante o encontro.
Acompañado dos alcaldes de Gondomar, Francisco Ferreira, e Nigrán, Juan González, o secretario xeral quixo resaltar tamén a importancia da comarca viguesa para as e os socialistas. “Despois das próximas eleccións imos tinguir a comarca enteira de vermello socialista”, asegurou.
Regades sinalou tamén a importancia das mulleres no PSdeG e puxo como exemplo o caso de Redondela, concello da comarca onde haberá primarias
entre dúas compañeiras, Digna Rivas e Olga Rodríguez. “Redondela terá en maio do próximo ano unha alcaldesa socialista, non teño dúbida”.
Noticias de última hora en Vigo