O socialistas de Mos critican a posición que tomou a alcaldesa tras os recibos do IBI 

Publicado por o día 23/03/2018 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

O socialistas de Mos critican a posición que tomou a alcaldesa tras os recibos do IBI 

Nestes últimos días a veciñanza de Mos estivo a recibir o recibo do Imposto de Bens Inmobles onde lles reclaman os atrasos de 4 anos. Estes atrasos son fruto da regularización catrastral que fixo o goberno do Partido Popular de Mos instado polo goberno central, Ministro Montoro.

Esta regularización foi feita o pasado ano onde a veciñanza xa pagou unha couta linial de 60 euros, sabendo nese momento a alcaldesa que vendría o cobro dos 4 anos anteriores o longo do 2018. Este feito queda patente nos presupostos que presentou o goberno para este ano 2018, onde nesa exposición dos presupostos o concelleiro de Facenda, Alberto Méndez, xustificaba o aumento do presuposto cos ingresos que se iban a producir pola regularización feita do IBI no 2017.

Dende o Partido Socialista queremos que quede claro que este é un imposto municipal e a recadación é para o propio concello, tendo o Oral como única función o cobro. Tamén instamos a alcaldesa que non confunda os veciños e non queira botar balóns fora das súas decisións e responsabilidades, intentando culpar a outras administracións de dito imposto.

Queremos aprobeitar para informar as veciñas e veciños que este recibo é informativo, tendo obligación de efectuar o pago cando lles chegue o recibo oficial certificado, podendo incluso no seu momento pedir pago fraccionado.