O socialistas de Mos critican o desinterese do goberno local cas instalacións públicas

Por o 27/06/2018 | Sección: Galicia,Mos,Política,PSOE
O socialistas de Mos critican o desinterese do goberno local cas instalacións públicas

Dende a bancada socialista censuran o comportamento do goberno local fronte o mantemento das instalación públicas do Concello de Mos, xa que o pasado luns unha parte do muro do edificio de protección civil derrubouse. O muro erguido o carón dun río non tivo as tarefas de mantemento oportunas e co transcurso do tempo e a acción erosiva do río provocaron o seu derrube.

Cunha consecuencia lóxica pola desidia do goberno, o muro e restos de pedras acabaron no río. A portavoz socialista, Patricia Pérez, di “este non é máis ca outro exemplo do deixamento que mostra este goberno e a súa mala xestión, xa que cunha previsión e mantemento das instalacións este derrubamento non se houbera producido”. Tamén engade “o Partido Popular debería empezar a mostras máis interese nas instalacións das que dispoñemos, que non se deterioren e facer unha boa xestión dos recursos velando pola seu conservación”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.