O sueco Alexander Isak fai que Escribá este entre as cordas tras a derrota en Balaidos

A Real demostra que vai en serio cunha traballada vitoria en Vigo
Publicado por o día 28/10/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O sueco Alexander Isak fai que Escribá este entre as cordas tras a derrota en Balaidos

A Real Sociedad agraba unha profunda a crise do Celta cunha sufrida vitoria que lle postula como candidato a aspirar a todo este ano. O sueco Alexander Isak demostrou que o equipo de Alguiacil tamén ten fondo do armario ao saír do banco para dar a vitoria ao seu equipo.

Unha primeira parte moi trabada con constantes interrupcións. Á media hora de xogo, o árbitro xa sinalara quince faltas, unha cada dous minutos. A mellor ocasión chegou a balón parado, cun remate de Santi Mina tras centro de Denis Suárez que se atopou co poste.

Un gran pase de Martin Odegaard, a sensación deste inicio de campaña ‘txuri-urdin’, rematouno o mozo sueco á rede a falta de dez minutos para a canclusión. Non demostrou capacidade de reacción o cadro dun Fran Escribá que queda moi tocado, a pesar de ser ratificado esta semana.

Fran Escribá atende aos medios de comunicación na sala de prensa de Abanca Balaídos tras a derrota pola mínima ante a Real Sociedad

Denis Suárez: “Contra o Betis só vale gañar”.

Denis Suárez atende a Celta Media na zona flash tras a derrota do RC Celta fronte á Real Sociedad.

 

Ficha técnica

0 – Celta de Vigo: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Aidoo, Araujo (Jorge Sáenz, min.59), Olaza; Pape Cheikh, Brais Méndez, Lobotka; Aspas, Denis Suárez (Beltrán, min.67) y Santi Mina.

1 – Real Sociedad: Remiro; Zaldua, Llorente, Le Normand, Monreal; Odegaard, Zubeldia, Merino, Oyarzabal (Sangalli, min.86); Portu (Barrenetxea, min.90) y William José (Isak, min.74)

Goles: 0-1 Isak, min.81

Árbitro: Pizarro Gómez (comité madrileño). Expulsou a Pape Cheikh (min.65). Ademais, amoestou a Hugo Mallo e Aspas pola parte do Celta, e a Zubeldia e Oyarzabal pola parte da Real Sociedad.

Incidencias: Encontro correspondente á décima xornada da liga Santander disputado no estadio municipal de Balaídos ante 18.002 espectadores.