O taller de lectura feminista da Guarda organiza un evento que consistirá na representación da performance ‘Un violador no teu camiño’

Publicado por o día 07/01/2020 na sección de A Guarda,Galicia

O taller de lectura feminista da Guarda organiza un evento que consistirá na representación da performance ‘Un violador no teu camiño’

O taller de lectura feminista da Guarda organiza un evento que consistirá na representación da performance ‘Un violador no teu camiño’.

A performance foi creada polo colectivo feminista chileno Las Tesis. Representouse por primeira vez en novembro de 2019 en Santiago de Chile durante unha manifestación en contra da violencia contra as mulleres.  O obxectivo é dar visibilidade as desigualdades e violencias que sufrimos as mulleres de todo o mundo e denunciar a pasividade das autoridades ante esta inxustiza.

A performance levarase a cabo o sábado 18 de xaneiro as 12 da mañá na praza Avelino Vicente da Guarda. Ademais, o sábado 11 ás 5 da tarde no C.S. Fuscalho da Guarda farase un ensaio previo.