O Teatro Afundación de Vigo recibe o espectáculo musical infantil «Cantajuegos superéxitos»

Poderase ver o domingo 24 de novembro en dúas funcións, ás 12.30 h e ás 17.00 h
Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Teatro Afundación de Vigo recibe o espectáculo musical infantil «Cantajuegos superéxitos»

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolle a representación do espectáculo musical para público infantil «Cantajuego superéxitos». Poderase ver o vindeiro domingo 24 de novembro no Teatro Afundación de Vigo en dúas funcións, ás 12.30 h e ás 17.00 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

O ESPECTÁCULO «CANTAJUEGO SUPERÉXITOS»

Cantajuego cumpre 15 anos e celébrao cunha nova xira na que despregará o mellor do seu extenso repertorio. A súa nova proposta é un espectáculo no que se reafirman os valores do proxecto: a colaboración, o traballo en equipo, a empatía, pero sobre todo, a importancia do respecto aos demais. Un show para toda a familia no que a música e o movemento se utilizan como ferramentas para a estimulación do entretemento.

Acompañan nesta aventura os imprescindibles Coco, Pepe e Buby, ademais das múltiples personaxes que aportan cor e candidez para facer as delicias de pequenos e maiores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.