O Teatro Afundación de Vigo recibe o musical El jovencito Frankenstein

Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Teatro Afundación de Vigo recibe o musical El jovencito Frankenstein

Afundación, a Obra Social de ABANCA, recibe neste mes de novembro en Vigo o musical El jovencito Frankenstein. Presentouse hoxe aos medios, ás 10.00 h, foi no Teatro Afundación de Vigo cunha rolda de prensa que contou coa presenza de dous dos actores protagonistas caracterizados, Víctor Ullate no papel do doutor Frankenstein, e Marta Ribera como Elizabeth Benning, da responsable de Relacións Externas de Let’s Go, Cristina de Póo, e da coordinadora de Sedes e Centros de Afundación, Cristina Iglesias.

As representacións terán lugar do 28 de novembro ao 1 de decembro cun total de seis funcións. As entradas xa se poden adquirir na web Ataquilla.com.