O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou esta mañá as instalacións do servizo de Atención e Información á Cidadanía, – 012-, acompañado da directora xeral de Reforma Administrativa, Natalia Prieto, onde indicou dende a súa posta en funcionamento atendeu mais de 3,8M de chamadas o que indica que a data de hoxe, está consolidado como a referencia telefónica da Xunta de Galicia para a cidadanía.
Alfonso Rueda, indicou que no ano 2011 centralizouse no 012 a xestión de diversos servizos telefónicos da Xunta, co obxectivo de facilitar información e asesoramento tanto en galego, castelán ou inglés, permitindo desta maneira que se poidan levar a cabo trámites de xeito sinxelo e directo. No caso do Servizo de Atención á Muller, de Información Social e da Liña de Axuda á Infancia o servizo está operativo as 24 horas do día os 365 días do ano.
A día de hoxe atópanse centralizados un total de 15 servizos telefónicos, que ademais de supor una mellora na xestión da información, ofrece vantaxes como a sinxeleza do número, fácil de recordar e marcar, cunha oferta dun servizo integral, posto que o mesmo operador pode responder calquera consulta realizada polo cidadán. Esta centralización de servizo supón un aforro para ás arcas galegas unha media de 1,5 M euros cada ano, xa que antes cada un destes teléfonos funcionaba independentemente.
Conta ademais cun sistema de videointerpretación da lingua de signos que garante o acceso de persoas con discapacidade auditiva, en igualdade de condicións, ao Teléfono 012. Unha das melloras fundamentais implantadas nos últimos anos foi o sistema automatizado de atención telefónica no servizo de queimas, que permite solicitar un permiso de queima as 24 horas os 365 días do ano, permitindo unha maior eficacia no servizo e diminuíndo o número de chamadas en cola.
Teléfonos integrados
Na actualidade están integrados no 012, o Servizo de Información Xeral, Servizo de Atención ás Mulleres, Servizo de información en materia de vivenda, Servizo de información ao agro galego, Servizo de Información Social, Liña de axuda á Infancia, Servizo de información a demandantes e empregadores, Teléfono voluntariado, Teléfono Xove, Teléfono de Información afectivo sexual “Quérote” , Servizo de información e soporte á xestión da citación na área da Dependencia, Servizo Galego de Apoio á mobilidade persoal, Servizo de información e soporte á xestión da citación para o recoñecemento na área de discapacidade, Servizo de información Turística e Servizo de información sobre reclamacións de facturación eléctrica.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.