O teléfono de atención e información á cidadanía 012 rexistrou máis de 2.500 chamadas en dous días

Na mañá de hoxe ingresaron máis dun milleiro de chamadas que se suman ás 1.560 recibidas na xornada de onte
Publicado por o día 17/03/2020 na sección de Sanidad,Sindicatos,Telefonía,Xunta de Galicia

O teléfono de atención e información á cidadanía 012 rexistrou máis de 2.500 chamadas en dous días

O teléfono de Atención e Información á Cidadanía -012- canaliza, con carácter xeral, a atención á cidadanía desde que en Galicia se decretou a emerxencia sanitaria como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Entre o luns e a mañá de hoxe este número recibiu máis de 2.500 chamadas, entre as 1.015 rexistradas entre as 08,30 e as 14,30 horas de hoxe, e as 1.560 ingresadas na mesma franxa horaria do día de onte.

O servizo de Atención e Información á Cidadanía vén reforzándose nos últimos días para dar resposta ao aumento do volume de chamadas. Así, hoxe mesmo incrementouse a dotación de recursos, en concreto en máis dun 30%, a través da reasignación de traballadores doutras áreas.

Os cidadáns poden contactar con este servizo a través do teléfono 012 (981 900 643 para chamadas realizadas desde fóra da comunidade autónoma) ou do correo electrónico [email protected], para asesorarse e recibir información sobre os servizos prestados pola comunidade autónoma.

No 012 estánse a atender dúbidas relacionadas coas restriccións e as medidas adoptadas para frear o avance do coronavirus. Neste número teñense rexistrado nos últimos días consultas sobre os establecementos aos que se lles permite estar abertos ao público, a necesidade de certificacións para xustificar os desprazamentos, así como chamadas relacionadas coa suspensión dos prazos e trámites dos procedementos das entidades co sector público.

Comentar noticia

Your email address will not be published.