O Tomiño FC femenino xógase o ascenso á primeira división galega despois de seis anos

A CITA É ESTE DOMINGO (12 DE MAIO) ÁS 16.30 HORAS NO CAMPO DE FÚTBOL DO ALIVIO
Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Galicia,Tomiño

O Tomiño FC femenino xógase o ascenso á primeira división galega despois de seis anos

Este domingo, 12 de maio, ás catro e media da tarde, o Tomiño FC Femenino ten outra cita histórica: despois de seis anos, o club terá a opción de voltar á Primeira División Galega.

Hai 3 semanas conseguiron encher o campo do Alivio para que as xogadoras puideran conseguir o título de liga, Agora piden o apoio de toda a vila para conseguir un bo resultado neste último encontro de ida.


Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, desexan ao equipo a mellor das sortes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.