O tráiler da campaña Vai de peixe comeza esta mañá ás 12:00 no Campus Sur de Santiago de Compostela o seu percorrido polas zonas estudantís galegas. Neste camión, destinado a ofrecer información da campaña impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, realízanse showcookings nos que se amosan distintas formas de preparar os produtos do mar e da acuicultura.
Esta primeira parada do Vaidepeixetour conta coa colaboración da presentadora Eva Iglesias, que aborda ao alumnado con preguntas sobre o seu consumo de produtos do mar, frecuencia ou opcións preferidas de preparación.
Durante os vindeiros días, o tráiler realizará as seguintes paradas
Presentación da campaña
A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira acollerá o vindeiro venres, 22 de novembro, ás 13:00 horas a presentación da campaña Vai de peixe. O acto contará coa participación, entre outros, da atleta barbanzá Ana Peleteiro.
Que é Vai de peixe?
Vai de peixe é a primeira campaña de España destinada especificamente a impulsar o consumo dos produtos do mar e da acuicultura na franxa de idade entre os 18 e os 35 anos (xeración millennial).
Mediante unha estratexia baseada na promoción dixital a través da web https://vaidepeixe.xunta.gal/ e redes sociais (Instagram e canle de Youtube), Vai de peixe busca fomentar hábitos de alimentación saudable e promover un consumo frecuente de peixe e marisco nesta franxa de idade, para concienciar da importancia dunha nutrición equilibrada. Durante o curso académico 2019 – 2020, Vai de peixe tamén levará a cabo unha serie de accións destinadas á difusión de información dos produtos pesqueiros, así como de receitas sinxelas e adaptadas ao estilo de vida millennial.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.