O Transporte Urbano de Mos incorpora cambios a partir do 1 de febreiro

Publicado por o día 29/01/2021 na sección de Galicia,Mos

O Transporte Urbano de Mos incorpora cambios a partir do 1 de febreiro

Desde a concellería de Mobilidade do Concello de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que o Servizo de Transporte Urbano Municipal, TUM, do Concello de Mos incorpora algúns cambios que entrarán en vigor o vindeiro luns, día 1 de febreiro.

En primeiro lugar comunícase que a lanzadeira amarela que fusiona as liñas verde e azul e que presta servizo diario, enfocada ao transporte do alumnado do IES e das persoas que acoden ao Centro de Saúde á primeira hora da mañá, continúa igual sen singún tipo de modificación nin cambio.

Mentres que as liñas azul e verde manteñen os mesmos horarios que ata o de agora pero pasan a operar os martes e venres, ao terse comprobado que fundamentalmente son eses dous os días de uso destes buses que os seus usuarios/as empregan para desprazarse a facer a compra ás superficies comerciais sitas en Sanguiñeda.

A liña verde realiza o percorrido polas parroquias de Tameiga, Cela, Pereiras e Petelos. E a liña azul realiza o percorrido polas parroquias de Tameiga, Torroso, Guizán, Louredo, Mos, Petelos e Dornelas.

As tres liñas, azul, verde e amarela (que fusiona as dúas anteriores) son circulares.