O Tren Lugo Romano realizou hoxe a súa primeira saída desta temporada combinando a visita aos recursos patrimoniais e a oferta termal da cidade de Lugo. Trátase dun dos 12 itinerarios dos Trens turísticos de Galicia, a iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Inorde que permite coñecer as catro provincias da man de experiencias que percorren os principais recursos galegos.
O percorrido -que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro- incorpora na edición deste ano teatralizacións a cargo de actores caracterizados de personaxes históricos que realizan unha serie de aparicións sorpresa ao longo do percorrido. O viaxeiro achégase á cidade da muralla romana, Patrimonio Mundial da Unesco; visitando o Centro de Interpretación da Muralla e o xacemento romano da Domus do Mitreo. A viaxe remata no Balneario de Lugo, onde os participantes poden gozar das súas termas e da súa piscina termolúdica..
Varias saídas en outubro
A edición dos Trens turísticos de Galicia continuará en outubro con melloras e novidades que amplían máis aló do verán o éxito desta experiencia que cumpre xa seis edicións. Inclúense, ademais dunha nova saída do Tren Lugo Romano o 20 de outubro, tamén saídas da Ruta do Viño Monterrei, da Ruta dos Viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra, da Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Sil ou o Tren Ourense Termal e Versalles Galego.
Os percorridos inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús a un prezo por ruta de 40 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 o máis adultos) e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes pódense adquirir na web de Renfe. Amais, pódese atopar toda a información na web Turismo de Galicia ou no teléfono 912 555 912 da Central de Reservas de Trens Turísticos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.